Secretaría Uvigo - Proxecto de urbanización dun polígono industrial que conforman os solos urbanizables na modificación puntual Nº10 do PXOM de Tomiño. Fase 1.

Proxecto de urbanización dun polígono industrial que conforman os solos urbanizables na modificación puntual Nº10 do PXOM de Tomiño. Fase 1.

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Francisco Javier De la Puente Crespo
Tribunal Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: José Antonio Sueiro Domínguez
Secretaría: Manuel Cabaleiro Núñez
ResumoO presente proxecto ten por obxecto definir as distintas características e condicións dos servizos de abastecemento de auga, saneamento, electricidade, alumeado e telecomunicacións que conforman as actuacións previstas para a construción dun polígono industrial na modificación puntual Nº 10 do PGOM de Tomiño, así como, os elementos necesarios en cada un deles, para o seu correcto funcionamento. Todo isto desenvolvido durante as prácticas na empresa de ordenación territorial Otima S.L.
Comezarase cunha primeira estimación das demandas xeradas por esta nova ordenación, así como coa descrición das solucións xerais de infraestruturas xerais adoptadas nela que responden a estas estimacións.
Deste xeito, a partir das redes existentes e da estimación inicial antes mencionada, trátase de resolver adecuadamente a conexión a cada un dos ámbitos que compoñen a modificación, e no caso de ser preciso, determinar as necesidades oportunas de ampliación ou reforzo de cada unha das redes básicas de servizos urbanos.
Seguidamente, e de forma máis concreta, realizarase o deseño de cada unha das redes de infraestruturas que conformarán a primeira fase de actuación do devandito proxecto, pertencentes a unha das áreas que integran a Modificación Puntual cunha superficie aproximada de 13 hectáreas, a partir dunha estimación das demandas previstas para o mesmo.
Para o seu deseño teranse en conta as oportunidades e dificultades que presenta o ámbito de actuación, como son, as infraestruturas existentes, o tipo ou forma do terreo, os distintos tipos de solo que se van xerar ou a presenza de ríos ou cauces próximos, para aproveitalos ou darlles unha solución de forma sostible. Co fin de que as distintas infraestruturas proxectadas se adapten da forma máis respectuosa posible ao medio natural, xerando un menor impacto.
Todo isto irá acompañado dos planos e detalles necesarios para definir axeitadamente cada unha das infraestruturas que compoñen o proxecto, así como das explicacións precisas que xustifiquen as solucións e toma de decisións que se produzan ao longo do mesmo.
Por último, realizarase un orzamento de execución material que desglose o importe do custo dos materiais e a man de obra do proxecto.
Volver