Secretaría Uvigo - Proxecto de rehabilitación e melloras no edificio do xulgado de Ortigueira, A Coruña

Proxecto de rehabilitación e melloras no edificio do xulgado de Ortigueira, A Coruña

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Francisco Javier De la Puente Crespo
Tribunal Secretaría: Manuel Cabaleiro Núñez
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: José Antonio Sueiro Domínguez
ResumoRealizarase un proxecto básico de execución para establecer a solución para a reparación de fachadas e cubertas no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Única de Ortigueira. Así mesmo, comprobarase o bo funcionamento de todas as instalacións do edificio e indicaranse as posibles modificacións a realizar, se é o caso. En particular, no caso da instalación de iluminación, substituiranse as luminarias existentes por tecnoloxía LED para mellorar a calidade da iluminación nas distintas estancias. Esta actuación é un requisito establecido polo peticionario.
En primeiro lugar, realízase un informe de deficiencias do edificio de que se trate para exponer as deficiencias observadas, as posibles causas, así como para determinar as posibles solucións de reparación coa súa valoración estimada das actuacións a realizar. A recollida de datos das deficiencias describirase mediante reportaxe fotográfica para unha mellor comprensión e rexistro do observado no momento das inspeccións visuais. Unha vez elaborada a memoria e a partir da información recollida sobre a edificación, elaborarase o proxecto básico para establecer a solución adoptada. A obra ten por obxecto establecer unha solución eficaz acorde ás necesidades do peticionario, sen obviar as necesidades do edificio.
O proxecto elaborarase segundo o anexo I do Código Técnico da Edificación (en diante CTE), que establece os contidos necesarios para a elaboración do documento. A solución adoptada verificarase mediante o software CYPE, que servirá para comprobar o cumprimento do Código Técnico da Edificación, realizarase a instalación de iluminación mediante o software DIALUX e elaboraranse os planos mediante AutoCAD. Ademais, Arquímedes servirá para elaborar as medicións e o orzamento.
Volver