Secretaría Uvigo - Solución industrializada de cerramento exterior de fachada mediante panel prefabricado de formigón arquitectónico autoportante na obra Prisma, El Bercial

Solución industrializada de cerramento exterior de fachada mediante panel prefabricado de formigón arquitectónico autoportante na obra Prisma, El Bercial

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Aida Badaoui Fernández
Tribunal Secretaría: Manuel Cabaleiro Núñez
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: José Antonio Sueiro Domínguez
ResumoA prefabricación de elementos de formigón orientada á edificación é un sector que irrumpiu con forza e está en pleno crecemento en España. Este método basease en producir os distintos elementos de formigón en fábrica e, posteriormente, transportalos e instalalos na obra; isto tradúcese en menos persoas, maquinaria e residuos no emprazamento da obra. En definitiva, estes cambios melloran notabelmente as condición e seguridade de traballo e aforran custos en varias fases da construción.
Dentro do sector, este proxecto céntrase en paneis autoportantes de cerramento de fachadas nde formigón armado. Os paneis prefabricados ofrecen uns acabados e posibilidades de deseño moi superiores ao resto de técnicas; isto, sumado á súa imaxe estética, fan deste método un dos máis solicitados polas construtoras na actualidade.
Primeiramente, realizase una amplia introdución onde abárcanse tódalas características, procesos e fases a seguir nesta técnica de construción. A maiores, resólvense os cálculos de acción sobre os paneis máis representativos ou desfavorables dunha promoción residencial encargada pola Inmobiliaria Prisma no Bercial, Xetafe; así como seu estudo, incluíndo una análise de tensión e desprazamentos neles. Tamén razóase y selecciónase a fixación máis indicada para as diferentes suxeicións de cada panel, do mesmo modo que estúdanse e dimensiónanse os respectivos tacos de fixación de cada elemento.
Con este proxecto, trátase de dar solución e xustificación dos elementos prefabricados de cerramento mediante a redacción dunha memoria técnica de cálculo. Sumado a isto, adxuntaranse normas UNE e CTE ás que faise referencia en varios puntos da memoria, así como as planillas de fabricación utilizadas para producir os paneis en fábrica.
Volver