Secretaría Uvigo - Memoria básica e de execución dunha nave industrial para o desenvolvemento da actividade de fundición de materiais non férricos.

Memoria básica e de execución dunha nave industrial para o desenvolvemento da actividade de fundición de materiais non férricos.

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Francisco Javier De la Puente Crespo
Tribunal Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: José Antonio Sueiro Domínguez
Secretaría: Manuel Cabaleiro Núñez
ResumoPara a elaboración do TFM lévase a cabo unha análise dos requisitos indicados pola empresa
peticionaria para a construción dunha nave industrial, na cal se desenvolverá a actividade de fundición
de materiais non férricos. Posteriormente, procédese a realizar o deseño e os cálculos pertinentes
implementando todas as esixencias e recomendacións das normativas de aplicación. O deseño de
maquinaría e necesidades dos equipos así como puntos de acometida son achegados pola empresa
peticionaria, incluíndo equipos de filtración de fumes.
A fundición será a actividade principal na nave industrial aínda que tamén se realizarán operacións
administrativas. Por iso, téñense en conta para a confección da memoria tanto as instalacións necesarias
propias do proceso industrial (eléctricas, saneamento de pluviais e residuais, aire comprimido?), como
as instalacións básicas para o persoal (auga quente sanitaria, climatización,?).
Finalmente, elabórase a documentación que conforma a memoria:
-Condicións xerais, onde se indican datos como o peticionario e o proxectista.
-Memoria urbanística, na que se dá cumprimento dos requisitos establecidos na normativa urbanística
correspondente.
-Memoria de actividade, onde se realiza unha exhaustiva descrición do proceso produtivo. Indícanse os
consumos, os niveis de ruídos emitidos, os residuos que se xeran, as emisións e verteduras entre outros
detalles relacionados coa actividade.
-Memoria descritiva e de calidades, na que se indican todas aquelas propiedades dos materiais
empregados e uns breves resumos das caracterísiticas das instalacións.
-Xustificación do CTE (Código Técnico da Edificación).
-Xustificación de cálculos e outros regulamentos.
-Orzamento, onde se indican os custos e características de todos os compoñentes necesarios para levar a
cabo o descrito na memoria.
-Planos, nos que se indican de forma clara e visual as características da obra para a súa execución.
-Prego de condicións, coas instrucións de carácter técnico que deberá cumplir todo aquilo que se
contrate.
-Control de calidade, onde se indican todos aqueles procesos de supervisión que se deben realizar co
obxectivo de asegurar que durante o proceso de construción se cumpran as especificacións do proxecto.
-Anexos, apartado no que se engadirá toda aquela documentación adicional que se considere necesaria.
Volver