Secretaría Uvigo - Comunicación intercultural nas actividades de servizos

Comunicación intercultural nas actividades de servizos

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Pablo de Carlos Villamarín
Tribunal Titoría: Pablo de Carlos Villamarín
ResumoNeste traballo buscamos analizar a comunicación intercultural no sector hoteleiro examinando as experiencias lingüísticas que os turistas plasman nas reseñas de Booking.com en establecementos hoteleiros da área de Santiago de Compostela. O obxectivo principal é proporcionar unha visión xeral das expectativas e actitudes lingüísticas dos turistas e reflexar a importancia dos idiomas e a comunicación no sector turístico. Por este motivo, elaboramos un corpus lingüístico composto por comentarios de turistas de orixe alemá, francesa, italiana e portuguesa, coa finalidade de analizar que idioma (lingua materna, lingua franca ou lingua de destino) utilizan os usuarios internacionais para comentar, a polaridade das reseñas sobre linguas dependendo do grupo lingüístico e a clasificación das mesmas partindo dunha taxonomía de comentarios positivos e negativos para mostrar a diversidades de opinións que reflexan os usuarios con respecto á comunicación co persoal do establecemento hoteleiro.
Volver