Secretaría Uvigo - Control dunha planta solar térmica

Control dunha planta solar térmica

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Pérez Donsión
Tribunal Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Vogalía: Xosé Manuel López Fernández
Secretaría: Edelmiro Míguez García
ResumoO obxectivo do traballo é deseñar unha planta solar térmica a pequena escala. Para realizar isto, primeiro se realizará unha visión xeral acerca dos distintos tipos de plantas solares térmicas presentes en España e se seleccionará a que máis se adecúe ao proxecto. Unha vez escollido o tipo de planta, analizaranse o funcionamento de plantas con esa tecnoloxía e se resumirán os principios de funcionamento desde tipo de plantas. Despois disto, presentarase un modelo da planta, xunto cun bosquexo, describindo cada un dos elementos que a compoñen e xustificando tanto dimensións como os materiais suxeridos para levar a cabo a construción da planta. Posteriormente, describiranse as necesidades de control tanto do fluxo másico como do axuste angular do espello da planta e se propoñerá unha solución para levalas a cabo. O control será descrito nun diagrama de bloques, nun diagrama de fluxo e nun exemplo de código para un microcontrolador de 8 bits. Tamén se fará un presuposto para o posible montaxe físico e unha estimación da eficiencia do sistema.
Volver