Secretaría Uvigo - Repercusión social do ensino da lingua de signos española en mans da comunidade xorda

Repercusión social do ensino da lingua de signos española en mans da comunidade xorda

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Lingüística Aplicada
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Fernando Ramallo Fernández
Tribunal Presidencia: Alexandre Rodríguez Guerra
Vogalía: Carlos Valcárcel Riveiro
Secretaría: Ana Varela Suárez
ResumoPresentamos unha análise da práctica docente e das percepcións do alumnado que aprende a lingua de signos española como L2 no ámbito da Rede Estatal para o Ensino das Linguas de Signos Españolas da CNSE. O obxectivo principal é comprobar se o ensino da lingua de signos española contribúe a fortalecer unha
representación social das persoas xordas, fundamentalmente desde unha perspectiva lingüística e cultural, en detrimento da concepción tradicional e dominante baseada nun discurso centrado na rehabilitación e na discapacidade. Preténdese describir ata que punto estes e estas especialistas en lingua de signos, no exercicio do seu labor como docentes desta lingua para o alumnado oínte, actúan como axentes dun cambio fundamental destinado a abandonar as concepcións rehabilitadoras e incapacitantes por outras nas que teña máis relevancia unha visión antropolóxica, social e cultural das persoas xordas.

Palabras clave: lingua de signos española, minoración lingüística, comunidade
xorda, competencia plurilingüe e intercultural, CNSE
Volver