Secretaría Uvigo - Deseño aerodinámico de un aeroxerador de eixo horizontal de pequena potencia

Deseño aerodinámico de un aeroxerador de eixo horizontal de pequena potencia

Data de defensa22/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Carlos Ulloa Sande
Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Presidencia: Higinio González Jorge
Vogalía: Antonio Ferriz Mas
Secretaría: Diego González Salgado
ResumoResumo:

Ante a crecente aposta polas enerxías renovables e a transición da rede eléctrica cara a un modelo máis distribuído, os pequenos sistemas eólicos e as súas aplicacións híbridas exercen un papel cada vez máis relevante. O presente estudo busca desenvolver un aeroxerador de eixo horizontal para suplir as demandas de fogares unifamiliares con consumos superiores á media ou de pequenas explotacións agrarias. Como resultado do proxecto, proponse un deseño aerodinámico do rotor e un dimensionamento dos principais elementos estruturais do mesmo. Para avaliar o desempeño do rotor, empréganse as ferramentas QBlade e pyBEMT, que implementan as ecuacións do método do momento e elemento de pa (BEM), e realízase unha comparativa dos resultados ofrecidos por ambos os programas. Para o dimensionamento do traveseiro da pa utilízase o estándar IEC 61400-2. Os resultados obtidos adecúanse aos expostos por outros fabricantes aínda que son necesarias futuras liñas de traballo para completar este estudo preliminar.

Palabras clave: Aeroxerador de pequena potencia, aeroxerador de eixe horizontal, método BEM,
QBlade, pyBEMT
Volver