Secretaría Uvigo - Deseño e fabricación de drons mediante fabricación aditiva

Deseño e fabricación de drons mediante fabricación aditiva

Data de defensa21/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: David Álvarez González
Titoría: Diego Carou Porto
Tribunal Presidencia: María Beatriz Guitián Saco
Secretaría: María de las Nieves Lorenzo González
Vogalía: Fermín Navarro Medina
ResumoNeste Traballo de Fin de Grao investígase a posible aplicación da fabricación aditiva e da optimización topolóxica, tamén coñecida como optimización de formas, na creación de elementos para Vehículos Aéreos non Tripulados (UAVs, do inglés Unmanned Aerial Vehicle). Estes elementos presentan mellores propiedades que os fabricados mediante técnicas tradicionais, permitindo reducir o tempo, os custos e o impacto ambiental da súa fabricación. Ademais, a fabricación aditiva permite utilizar os materiais e as instalacións de maneira máis eficiente.
A realización do traballo divídese en tres partes. A primeira céntrase na impresión 3D dunha serie de probetas, onde se estudan as dimensións, propiedades, configuracións e materiais de impresión dispoñibles. Na segunda parte sométense as probetas impresas a un ensaio de tracción, coa finalidade de atopar os parámetros que permitan conseguir unha configuración óptima e aplicable na impresión do chasis dun UAV. A terceira parte céntrase no deseño do chasis dun UAV no que se aplican os resultados obtidos das dúas partes anteriores utilizando a ferramenta de optimización topolóxica. Finalmente, extráense as conclusións principais das tres partes e móstranse posibles liñas de traballo futuro asociadas.
Por tanto, o obxectivo final céntrase en atopar, mediante o estudo dun proceso de optimización topolóxica, o deseño para o chasis dun UAV que cumpra cunha serie de requisitos. Estes requisitos establécense analizando os datos recompilados nunha serie de estudos que inclúen a impresión 3D dunhas probetas e o seu ensaio de tracción. Os datos obtidos son contrastados en todo momento con fontes teóricas, atopando similitudes e discrepancias ás que se lles tentou buscar un sentido.
Volver