Secretaría Uvigo - Deseño e análise do guindastre dun rover lunar

Deseño e análise do guindastre dun rover lunar

Data de defensa21/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Guillermo David Rey González
Titoría: Alejandro Manuel Gómez San Juan
Tribunal Presidencia: María Beatriz Guitián Saco
Secretaría: María de las Nieves Lorenzo González
Vogalía: Fermín Navarro Medina
ResumoA Axencia Espacial Europea (ESA) lidera unha iniciativa denominada ?Lunar Caves?. Neste contexto, ?RoboCrane? é unha proposta, na que participaron as universidades de Vigo e Oviedo e Alén Space, que consiste na exploración lunar por parte duns minirobots chamados ?Daedalus?. No marco deste proxecto, exponse o deseño do conxunto dunha caixa e un guindastre telescópica ancorada sobre un rover lunar que permita depositar os minirobots nas covas lunares. Este proxecto céntrase no deseño e análise preliminar da estrutura do guindastre, concretamente no mastro e o seu mecanismo de despregamento partindo duns requisitos de deseño previos. Utilizáronse os softwares CATIA V5 e Nastran para o deseño e as análises, respectivamente. O guindastre deseñado dispón do seu propio mecanismo de despregamento o cal lle permitirá alcanzar, de acordo con o prego exposto pola ESA, unha lonxitude de 21,45 m cunha inclinación de 20° sobre a superficie. O conxunto da estrutura ten unha masa total de 315,04 kg e utilizáronse tres tipos de materiais distintos. Os resultados obtidos supoñen unha base de relevancia para futuros proxectos que profunden na análise estrutural e as propiedades mecánicas do prototipo, así como a comprobación da carga máxima e os esforzos últimos que poderían soportar os mecanismos expostos.
Palabras chave: RoboCrane, guindastre en telescopio, mecanismo de despregamento, Rover lunar, exploración de covas lunares.
Volver