Secretaría Uvigo - Fly-VAR: deseño conceptual dun multicóptero para a retransmisión de eventos deportivos

Fly-VAR: deseño conceptual dun multicóptero para a retransmisión de eventos deportivos

Data de defensa21/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Luis Rodríguez Pérez
Tribunal Presidencia: Iván Carlos Area Carracedo
Secretaría: Tomas Raimundo Cotos Yáñez
Vogalía: Borja Conde Carnero
ResumoA retransmisión dos eventos deportivos está a experimentar unha evolución permanente debido ás novas necesidades dos consumidores, implementándose ferramentas de apoio como a Sky-Cam no fútbol profesional ou o uso de drons nos deportes de motor. Ademais, vivimos a implementación da tecnoloxía VAR no fútbol profesional pero debido aos seus requisitos operativos a implementación desta no fútbol non profesional a día de hoxe esta en unha situación moi complexa.

Este proxecto pretende resolver ambos os problemas, ofrecendo unha solución coa posibilidade de integrar ambas as tecnoloxías nunha aeronave non tripulada e usarse na retransmisión de eventos deportivos, en concreto, os encontros das categorías non profesionalizadas do fútbol.

Durante o presente TFG estudouse as diferentes aeronaves, descartando as aeronaves de á fixa e centrándonos nas aeronaves de á rotatoria. Investigáronse as diferentes configuracións que existen nos multicópteros así como as súas principais vantaxes e inconvenientes, escollendo un dron de tipo octocóptero pola elevada capacidade para transportar un payload así como pola redundancia fronte a un posible fallo do motor.

levado a cabo unha análise sobre os compoñentes principais das aeronaves non tripuladas e o funcionamento destes, buscando no mercado o compoñente que mellor se adapta ás nosas necesidades.

Debido á elección final de compoñentes, o chasis escollido inicialmente non é compatible atopándonos así un problema que liquidamos realizando un deseño conceptual dun novo chasis alixeirado ao máximo posible e coa rixidez estrutural para soportar o elevado peso da nosa aeronave, comprobando dita rixidez estrutural mediante unha análise estática estando o dron en voo estacionario.

Por último, realizouse a estimación da autonomía final do noso dron, sendo esta de máis dunha hora, cumprindo holgadamente co obxectivo fixado nos requisitos de deseño, e o cálculo do custo de fabricación e do prezo de venda unitario.
Volver