Secretaría Uvigo - Aproximación ao deseño e cálculo estático dun aeroxerador vertical de pas helicoidais

Aproximación ao deseño e cálculo estático dun aeroxerador vertical de pas helicoidais

Data de defensa21/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Rodrigo Randulfe López
Tribunal Presidencia: Iván Carlos Area Carracedo
Secretaría: Tomas Raimundo Cotos Yáñez
Vogalía: Borja Conde Carnero
ResumoCo derradeiro informe do IPCC queda máis claro que nunca que a necesidade de abandonar os combustibles fósiles é una realidade infranqueable, sendo precisamente neste contexto onde as enerxías renovables xogan un papel fundamental para seguir mantendo as sociedades contemporáneas e a gran cantidade de enerxía que estas requiren.
Con todo, grandes cantidades de enerxía non precisan necesariamente de grandes plantas eléctricas, senón que pode haber pequenos xeradores que complementen a produción a gran escala. É neste segmento onde se centra o traballo, cunha primeira aproximación ao deseño dunha turbina eólica vertical de tres pas con forma helicoidal, 15 metros de altura na súa configuración base e cunha potencia de 10000W.
Sobre ela, realizáronse unha serie de análises estáticas co software ANSYS, á velocidade de operación nominal de 10 m/s, co fin de determinar que pezas soportarían os esforzos producidos e cales non, resultando en que so unha, a Caixa, tería que ser reformulada para resolver a incidencia.
Volver