Secretaría Uvigo - Diseño dunha grúa desplegable para un rover na superficie lunar

Diseño dunha grúa desplegable para un rover na superficie lunar

Data de defensa21/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Alejandro Manuel Gómez San Juan
Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Presidencia: Iván Carlos Area Carracedo
Vogalía: Borja Conde Carnero
Secretaría: Tomas Raimundo Cotos Yáñez
ResumoNo presente proxecto realízase o deseño, modelado e simulación dunha grúa en configuración de tixeira para o seu uso como parte dunha misión lunar.
Dita misión enmárcase nunha campaña da ESA proposta a través do seu Open Space Innovation Platform (OSIP) consistente na aportación de novas ideas para abordar a detección, mapeo e exploración das covas lunares. Dos cinco proxectos seleccionados pola ESA, un é o denominado RoboCrane, realizado polo Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciaies da Universidade de Vigo, en colaboración ca Universidade de Oviedo e Alen Space. Dito proxecto pretende realizar o deseño conceptual dun sistema que permita o soporte mecánico, de potencia e de comunicación a robots máis pequenos no interior dunha cova lunar.
O sistema proposto básase nunha grúa montada sobre un Rover, permitindo operar no desafiante entorno lunar arredor do borde da cova. Ao despregar a grúa, pódese introducir un cabezal de carga dentro da cova mediante un sistema de poleas. Este cabezal controla aos robots que exploran a cova. O cable utilizado pola grúa tamén proporciona unha conexión eléctrica entre o sistema Rover-grúa e o cabezal. Así, o cable realiza unha función mecánica de soporte do cabezal e unha función eléctrica alimentando o equipo que se atopa no seu interior. Os robots poden recargarse neste cabezal ca enerxía producida polos paneles solares do Rover.
Para abordar a tarefa do deseño da grúa inicialmente realizaranse os cálculos teóricos necesarios. Despóis da debida recompilación de información, determinaranse as pezas a deseñar, as súas dimensións e a súa ensamblaxe no software Catia. Tras esta etapa, realizarase a simulación donde se especificarán as forzas, materiais, restriccións, etc. Así, analizaranse os resultados obtidos mediante o método dos elementos finitos (MEF) nos programas Patran e Nastran para comprobar que soporta os esfuerzos necesarios.
Para rematar, razonarase se o diseño cumple cos obxetivos da misión.
Palabras chave: grúa, rover, lunar, deseño, modelado, análisis, MEF.
Volver