Secretaría Uvigo - Deseño e análise térmica dun sistema de descenso de vehículos robotizados para a exploración do interior de tubos de lava lunares

Deseño e análise térmica dun sistema de descenso de vehículos robotizados para a exploración do interior de tubos de lava lunares

Data de defensa05/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Titoría: Alejandro Manuel Gómez San Juan
Tribunal Presidencia: David Álvarez González
Vogalía: José Luís Alonso González
Secretaría: Matías García Rivera
ResumoRoboCrane é un proxecto conxunto da Universidade de Vigo, a Universidade de Oviedo e a empresa Alén Space que xorde como resposta ó concurso Lunar Caves lanzado pola Axencia Espacial Europea (ESA) no 2019 para a detección, mapeado e exploración de tubos de lava lunares. A misión principal de RoboCrane é subministrar enerxía e servir como enlace de comunicacións entre a superficie da Lúa e os robots de exploración no interior dos tubos. Para tal fin empregará tres compoñentes principais: o Rover que actúa como sistema de superficie, o Guindastre que permite o acceso ós tubos e a Charging Head (CH), que serve como módulo de descenso e estación de carga inalámbrica para os robots. A CH contará ademais con instrumentación para recoñecer o terreo e asegurar o correcto despregamento dos robots que están a ser deseñados pola Universidade de Würzburg baixo o nome DAEDALUS. O Obxectivo deste traballo é presentar un deseño mecánico preliminar e unha análise térmica da CH, validándoa analiticamente. Esta validación será levada a cabo plantexando un modelo matemático e analizándoo co software ESATAN-TMS.
Volver