Secretaría Uvigo - Deseño e análise estrutural dun rover para a exploración de covas luares

Deseño e análise estrutural dun rover para a exploración de covas luares

Data de defensa06/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Alejandro Manuel Gómez San Juan
Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Presidencia: Gloria María Pena Uris
Vogalía: Jacobo Antonio Troncoso Casares
Secretaría: Manuel Pérez Vázquez
ResumoA Lúa sempre foi un dos obxectivos máis perseguido polos científicos tanto pola exploración espacial como polo seu interese xeolóxico. Este Traballo de Fin de Grao é parte dun proxecto de maior entidade denominado RoboCrane e dirixido pola Axencia Espacial Europea (ESA) que ten como finalidade a exploración de novas rexións na Lúa, as covas luares localizadas no subsolo, para estudar a viabilidade de futuros asentamentos humanos ou a extracción de recursos naturais.
Por iso preténdese levar a cabo o deseño estrutural dun rover espacial con capacidade para adaptarse as condicións do entorno e á orografía do satélite terrestre. Durante a misión, o rover permanecería sobre a superficie luar para proporcionar enerxía e actuar como enlace no envío de comandos, para o seu estudo, a un enxame de robots que se implementa no interior das cavidades para o seu estudo. O vehículo componse de elementos prefixados acorde a un listado de requirimentos, empregando materiais aptos para o espazo. A maiores, co fin de verificar a idoneidade da estrutura, os elementos críticos sométense a distintas análises estruturais que permiten determinar a distribución de cargas e os esforzos xerados sobre o rover.
A idea é completar o proxecto ca fabricación do prototipo, realizar recoñecementos adicionais nun campo de probas luar para obter unha dobre verificación de que o modelo cumpre cos requisitos estipulados e, finalmente, levar a cabo a misión nun futuro.


Palabras clave: Lúa, rover, misión, cova, análise estrutural
Volver