Secretaría Uvigo - Impacto do aumento da frecuencia das temperaturas extremas nas operacións dos aeroportos españois debido ao cambio climático

Impacto do aumento da frecuencia das temperaturas extremas nas operacións dos aeroportos españois debido ao cambio climático

Data de defensa06/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Laura De la Torre Ramos
Cotitoría: Juan Antonio Añel Cabanelas
Tribunal Secretaría: Manuel Pérez Vázquez
Presidencia: Gloria María Pena Uris
Vogalía: Jacobo Antonio Troncoso Casares
ResumoNo presente TFG imos analizar o impacto do aumento da frecuencia das temperaturas extremas sobre as operacións dos aeroportos españois debido ao cambio climático. Para iso, será crucial comprender que as temperaturas máis cálidas están asociadas a unha menor densidade no aire, por iso, os avións necesitan máis impulso para despegar.
Deste modo, recompiláronse os datos das temperaturas máximas diarias rexistradas nas últimas décadas na España peninsular. A partir das cales, mediante as traxectorias de concentración representativas (RCP), poderase prever as temperaturas máximas que se rexistrarán durante o século XXI.
Por outra banda, unha vez obtidos estes valores, utilizaranse para determinar o número de días nos que haberá restricións de peso e cancelacións de voos nos aeroportos estudados.
Deste xeito poderase comprender as consecuencias que o cambio climático terá na industria aeronáutica.
Por último, deste proxecto extráese que durante este século as restricións de peso serán cada vez máis frecuentes e que, principalmente a finais do século XXI, comezaranse a producir nas horas de maior calor as cancelacións de voos, o que afectará principalmente a aqueles aeroportos nos que xa se dan as altas temperaturas, sobre todo se están situados a maior altitude.

Palabras clave: aeroportos, temperaturas máximas diarias, cambio climático, RCP, restricións de peso.
Volver