Secretaría Uvigo - Estudo de estabilidade e control de órbitas lunares

Estudo de estabilidade e control de órbitas lunares

Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Daniele Tommasini
Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Presidencia: Carlos Castro Miguéns
Vogalía: Ricardo Javier Bendaña Jácome
Secretaría: Diego Carou Porto
ResumoO obxectivo do proxecto é comprobar se pódese empregar un procedemento de control continuo, baseado no uso de propulsión eléctrica, para estabilizar un conxunto de seis órbitas lunares semiconxeladas. Pese a resultar de interese para as principais axencias espaciais, demostrouse que algunhas destas órbitas non se poden controlar por medios convencionais.

Ó longo do proxecto, plantexo un modelo matemático de precisión para as ecuacións do movemento do satélite e escribo un propagador orbital no que introduzo unha implementación propia do solver de referencia no ámbito da simulación de órbitas perturbadas. Tras validar o programa coas efemérides dun satélite real, emprego os resultados para responder á pregunta que plantexo ó inicio deste resumo.

Palabras clave: Propagador orbital - Perturbacións orbitais - Propulsión eléctrica - Control orbital.
Volver