Secretaría Uvigo - Modelado e simulación da estructura en CCF-PETG dun Cubesat 1U destinado ao control do sargazo mariño.

Modelado e simulación da estructura en CCF-PETG dun Cubesat 1U destinado ao control do sargazo mariño.

Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
Titoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Tribunal Presidencia: Guillermo David Rey González
Vogalía: Daniele Tommasini
Secretaría: José Ramón Salgueiro Piñeiro
ResumoNeste proxecto descríbese detalladamente unha análise de viabilidade que evalúe a posibilidade de cambiar a tradicional forma de fabricar CubeSats en aluminio, por métodos innovadores como a fabricación aditiva con materiais compostos, neste caso.
En primeiro lugar, exponse un marco teórico con algunhas pinceladas xenéricas sobre os satélites artificiais e explícase a misión do AlgaSat, analizando como inflúe esta na selección dos subsistemas da nave, o tipo de órbita e a carga de pago.
A continuación, móstranse as fases de deseño e fabricación, como un proceso iterativo. Na primeira, explícanse todos os criterios adoptados e requisitos legais que se tiveron en conta á hora de deseñar a estrutura do CubeSat, e adxúntanse imaxes do modelado CAD dos distintos compoñentes. Na segunda, explícase brevemente o software de impresión 3D empregado e a continuación, explícanse os parámetros de impresión e a xustificación dos valores seleccionados.
En último lugar, procédese á fase de certificación e validación do satélite mostrando os resultados da análise de elementos finitos para evaluar a validez do deseño.
Volver