Secretaría Uvigo - Automatización de comportas en presa derivadora e lectura de datos con tecnoloxías IoT

Automatización de comportas en presa derivadora e lectura de datos con tecnoloxías IoT

Data de defensa27/01/2022
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ignacio Armesto Quiroga
Tribunal Vogalía: Marcos López Lago
Secretaría: Enrique Paz Domonte
Presidencia: José Ignacio Armesto Quiroga
Vogalía: Ángel Manuel Fernández Vilán
ResumoTratase de realizar o control das comportas nunha presa derivadora para manter o nivel no canal entre o máximo e o mínimo desexados. Utilizarase un PLC Siemens S7-1200 e unha TP700 (pantalla táctil).
O sistema consta de catro comportas , cada unha ten dous finais de carreira, aberto e cerrado, unha sinal de alarma e unha sinal de manual automático. Sobre as comportas actúase con duas salidas dixitais para cada comporta, abrir e cerrar.
Existen dous niveis analóxicos, un no canal e outro no azud de modo que se pode seleccionar pola pantalla con cal de eles se quere que regulen as comportas. Ademais, no azud existen tres niveis dixitais de boya, mínimo, máximo e alarma de avenida.
Regulase co nivel analóxico e os dixitais son de seguridad por si falla este.
O funcionamento é o seguinte: cando se alcanza o nivel máximo analóxico o máximo dixital e o nivel de alarma de avenida o sistema empeza a abrir comportas. Empeza sempre da 1 á 4 de modo que a bre a 1 o tempo de mover configurado, espera o tempo configurado e repite a secuencia tantas veces como se lle indique. Unha vez rematou ca comporta 1 pasa á seguinte. Si se desactiva o nivel máximo deixa de abrir ou se todas as comportas xa están abertas.
Se alguna das comportas non está disponible (en alarma, manual, numero de ciclos cero ou se xa abriu ou cerrou de todo) non actúa sobre ela e pasa á seguinte.
Osistema debe ser capaz de enviar SMS de alarmas e información do estado aos usuarios habilitados
Para enmarcarse millor no ámbito do master de Mecatrónica e e concreto no campo de ?internet das cousas? (IoT) e o tratamento de datos, realizarase tamén unha lectura web do PLC usando Node-RED.
Volver