Secretaría Uvigo - Análise e implementación dun sistema de adquisición de datos para unha maqueta docente de frenos dun vehículo automóvil.

Análise e implementación dun sistema de adquisición de datos para unha maqueta docente de frenos dun vehículo automóvil.

Data de defensa27/01/2022
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pablo Izquierdo Belmonte
Tribunal Vogalía: Marcos López Lago
Secretaría: Enrique Paz Domonte
Presidencia: José Ignacio Armesto Quiroga
Vogalía: Ángel Manuel Fernández Vilán
ResumoEste proxecto consiste na análise e implementación dun sistema de adquisición de datos e movemento para unha maqueta docente de frenos dun vehículo automóvil da EEI de Vigo. En primeiro lugar realizase unha introducción dos vehículos e as partes máis importantes como o sistema de frenos. Posteriormente descríbense os diferentes tipos de sensores candidatos e o seu funcionamiento, os cales servirán para medir velocidade angular, par de frenado e presión de aceite. Tamén descríbese o motor eléctrico e o seu funcionamento, o cal será destinado a proporcionar movemento. A continuación, para abordar este proxecto, realizaranse as seguintes actividades:
? Estudo da maqueta e a sua movilidade.
? Análise das necesidades para a adquisición de datos.
? Estudo e selección do tipo de sensor e, logo, accedendo a catálogos de fabricantes, selecciónanse.
? Estudo e selección do motor eléctrico.
? Implementación dos soportes/acoples dos sensores, que tamén serán validados mediante unha análise FEM.
O proxecto complétase coa realización dunha memoria na que se xustifiquen as decisión tomadas, así como a elaboración de planos de fabricación das pezas/soportes necesarios e da montaxe do conxunto e integración da sensórica. Finalmente realizarase un presuposto para evaluar o coste total do TFM.
Volver