Secretaría Uvigo - Técnicas criptográficas lixeiras para dispositivos IoT

Técnicas criptográficas lixeiras para dispositivos IoT

Data de defensa27/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: Milagros Fernández Gavilanes
Titoría: Javier Vales Alonso
Tribunal Secretaría: José María Núñez Ortuño
Presidencia: Miguel Ángel Manuel Merino Gil
Vogalía: Fernando Suarez Lorenzo
ResumoO IOT abre unha novo paradigma na sociedade do futuro no que todo tenderá a estar interconectado, estímase que se superen os 50.000 millóns de elementos conectados a final desta década.
Co avance técnico, a interacción das persoas e os sistemas de información, as redes, sensores, sistemas de comunicación e computadoras diminuíron de tamaño, aumentado a súa capacidade de cálculo e abaratáronse, de forma que podemos atopar estes dispositivos en calquera lugar, electrodoméstico ou, en xeral, ?cousa?, xa que é posible atopalo na roupa ou, mesmo, no propio corpo humano.
Non obstante a información que conteñen debe protexerse e unha forma de facelo é con algoritmos criptográficos. Estes algoritmos utilízanse diariamente para protexer transaccións da internet, e ofrecen unha maneira de verificar a orixe dos datos e de evitar que se intercepte a información que conteñen, cun alto nivel de confianza.
Con todo, o uso de técnicas criptográficas con dispositivos IOT, ao ter unha baixa potencia de cómputo, non poden realizarse con métodos complexos e débense utilizar algoritmos de criptografía lixeira, que permitan un nivel de seguridade aceptable para este tipo de dispositivos.
Este traballo expoñerá algoritmos lixeiros de cifrado para dispositivos IOT probando que son seguros e que deben ser introducidos nestes dispositivos para que a información que conteñen non estea exposta. Estas técnicas dependerán do software embebido en cada dispositivo e deberase aplicar un tipo de criptografía adaptada a cada clase.
Volver