Secretaría Uvigo - Blockchain e outras tecnoloxías para a seguridade. Aplicación sobre o rexistro documental de información clasificada

Blockchain e outras tecnoloxías para a seguridade. Aplicación sobre o rexistro documental de información clasificada

Data de defensa27/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: Luis Modesto Álvarez Sabucedo
Titoría: Francisco Javier Rodríguez Martínez
Tribunal Secretaría: José María Núñez Ortuño
Vogalía: Milagros Fernández Gavilanes
Presidencia: Francisco Javier Rodríguez Rodríguez
ResumoNo Estado español, distintos organismos manexan a diario gran cantidade de información tanto de orixe nacional como doutros estados e organizacións, que pode comprometer ou afectar ao propio Estado, á seguridade nacional ou á doutros estados, organismos ou organizacións internacionais. Por iso debe ser protexida. Esa información coñécese como información clasificada e réxese por unha normativa específica. As tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xogan un rol fundamental na actualidade para a xestión eficaz e segura da información. A normativa nacional para a protección da información clasificada, recollida nas Normas da Autoridade Nacional para a Protección da Información Clasificada, esixe un tratamento específico para ese tipo de información, conforme a unha serie de procedementos e requisitos, depurados e establecidos tras moitos anos de experiencia e mellora continua. Dado que a información clasificada esixe un especial coidado no relativo á súa seguridade e a que cada vez máis a información manéxase en soporte dixital, os órganos responsables do seu manexo e custodia deben dispoñer de ferramentas baseadas nas TIC que garantan a xestión segura e a protección deste tipo de información. Pero as ferramentas actualmente dispoñibles, ás veces, non alcanza os niveis desexados. Para contribuír á mellora no posible deste aspecto, o presente traballo expón unha revisión das tecnoloxías actualmente en uso e aquelas que mostran potencial para a esta tarefa tales como blockchain, a criptografía visual, ou o Data Loss Prevention entre outras. Deste estudo, xorde tamén unha proposta arquitectural para a provisión dun sistema seguro de Libro de Rexistro para a xestión segura e trazable de información clasificada. Palabras Chave: Información clasificada, Blockchain, criptografía visual, Smart Contracts, xestión documental.
Volver