Secretaría Uvigo - Estudo de redes definidas por software e a súa implantación en redes privadas

Estudo de redes definidas por software e a súa implantación en redes privadas

Data de defensa27/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: Norberto Fernández García
Titoría: Fernando Suarez Lorenzo
Tribunal Presidencia: Milagros Fernández Gavilanes
Secretaría: Javier Vales Alonso
Vogalía: Miguel Ángel Ares Tarrío
ResumoSDN son as siglas de redes definidas por software. A definición máis sinxela e directa desta arquitectura é a separación física do plano de control do plano de datos ou reenvío, onde o plano de control xestiona distintos dispositivos de rede. Con iso, favorécese a implementación de servizos de rede de forma áxil, dinámica e escalable, estando a lóxica de control nun dispositivo común denominado controlador.
O paradigma SDN mellora a seguridade da rede, xa que se proporciona unha total visibilidade da mesma, realizando análises continuas e dando resposta dunha forma proactiva, propagando políticas de seguridade desde o controlador de forma áxil e dinámica, a todos os dispositivos da rede.
SDN e en concreto a SD-WAN (Redes de Área Ampla Definidas por Software), está a evolucionar a outra solución denominada SASE (Acceso Seguro de Servizos de Borde) na que se inclúe a propia SD-WAN, pero engádense ademáis servizos na nube en relación a control de accesos, funcións de seguridade e devasa.
Neste traballo estúdanse as redes definidas por software e a súa implementación en redes privadas, con diferentes solucións propietarias de diversos fabricantes posicionados no cuadrante máxico de Gartner, como líderes en infraestruturas fronteira en redes de área ampla. A modo de práctica realízase unha simulación da solución Cisco ACI, co seu controlador Cisco APIC, observando a facilidade e sinxeleza na implementación, vixilancia e xestión dunha arquitectura spine- leaf en centros de datos.
Volver