Secretaría Uvigo - Desenvolvemento, implementación e evolución da capacidade 'Cyber situational awareness ( CySA)' en zona de operacións

Desenvolvemento, implementación e evolución da capacidade 'Cyber situational awareness ( CySA)' en zona de operacións

Data de defensa27/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Norberto Fernández García
Tribunal Presidencia: Milagros Fernández Gavilanes
Secretaría: Javier Vales Alonso
Vogalía: Miguel Ángel Ares Tarrío
ResumoCada vez son máis numerosas as operacións de mantemento de paz nas que España participa a través do Ministerio de Defensa. A gran maioría destas operacións realízanse no marco dunha coalición internacional (OTAN, UE, etc.), o cal obriga a traballar cuns medios CIS interoperables, os cales nos permitan levar a cabo os labores de mando e control das operacións de maneira eficaz.
Son unha realidade as ferramentas que nos permiten ter un coñecemento profundo da situación no campo de batalla, pero aínda non se dispón dunha ferramenta que permita integrar o campo de batalla físico coa ameaza cíber.
Neste sentido, estase a impulsar desde os gobernos e institucións a citada integración, considerándose un requisito fundamental, para poder participar nas operacións da coalición, dispoñer deste servizo.
España participa de maneira activa en proxectos que perseguen acadar este obxectivo, pero todos eles están focalizados no nivel estratéxico, sendo o nivel táctico o primeiro elo da cadea e a principal fonte de datos das ferramentas de niveis superiores.
Por todo iso, o presente traballo pretende dar os primeiros pasos no desenvolvemento dunha ferramenta que nos permite dispoñer de información cíber relevante no nivel táctico e, polo tanto, ter unha Cyber Situational Awareness (CYSA) adecuada ás misións nas que o Ministerio de Defensa participa.
Volver