Secretaría Uvigo - Metodoloxía para a Xestión de Servizos nun Centro de Explotación CIS da Armada

Metodoloxía para a Xestión de Servizos nun Centro de Explotación CIS da Armada

Data de defensa27/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: José María Núñez Ortuño
Titoría: Miguel Ángel Ares Tarrío
Tribunal Vogalía: Carlos Zamorano Pinal
Presidencia: Francisco Manuel Troncoso Pastoriza
Secretaría: Francisco Javier Rodríguez Rodríguez
ResumoNeste traballo proponse unha metodoloxía xenérica, flexible e eficiente, aplicable a calquera Centro de Explotación CIS ( CECIS) da Armada, para prover os servizos CIS/TIC da súa responsabilidade ás unidades do seu ámbito xeográfico, seguindo estándares e paradigmas de boas prácticas, coñecidos e probados, como son ITIL e ISO.
A partir da Organización CIS/TIC de Defensa e da Armada e dos seus servizos, fundamentarase a necesidade de emprender este TFM co obxectivo de implementar o resultado nun CECIS como o último chanzo na provisión e Xestión dos Servizos CIS/TIC na Armada.
No seu desenvolvemento exponse a estrutura da Armada e a xestión do Coñecemento e a Información en Defensa, algunhas das tecnoloxías, normativas e iniciativas relevantes na xestión de servizos, procedementos e modelos actualmente en práctica en entidades nacionais e internacionais, así como ferramentas informáticas especificamente deseñadas para a xestión de servizos co fin de achegar valor ao cliente cuns resultados de calidade. Finalizando o proxecto cunha proposta de metodoloxía de traballo aplicable seguindo unha estrutura de Acordos de Nivel ( Service Level Agreement - SLA), apoiada por unha robusta ferramenta informática de xestión, e realizando previamente unha reestruturación funcional no seo do propio CECIS para establecer a adecuada atención á provisión de servizos.
Volver