Secretaría Uvigo - Comunicacións WiFi seguras nun entorno corporativo

Comunicacións WiFi seguras nun entorno corporativo

Data de defensa26/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Carlos Zamorano Pinal
Cotitoría: Norberto Fernández García
Tribunal Presidencia: Luis Modesto Álvarez Sabucedo
Vogalía: Miguel Ángel Manuel Merino Gil
Secretaría: Francisco Manuel Troncoso Pastoriza
ResumoDesde o inicio das redes sen fíos (protocolo ALOHA, 1971) ata a actualidade, as redes sen fíos evolucionaron notablemente. Hoxe son os medios máis común de acceso a Internet. Non obstante, este tipo de redes non están exentas de riscos, de feito presentan case todos os riscos imputables ás redes cableadas máis outro conxunto de riscos inherentes á súa condición de redes radiantes.
Para mellorar a seguridade das redes de telecomunicacións, xurdiron organizacións que aseguran que o seu despregamento e fortaleza é axeitado á importancia da información que circula por elas. En España, o Centro Criptolóxico Nacional é o organismo que garante a seguridade dos sistemas de telecomunicacións e información mediante a publicación de guías, denominadas CCN-STIC.
Este traballo tratou de mostrar o despregamento dunha rede WiFi nunha institución universitaria de forma segura e sempre desde o punto de vista do Esquema Nacional de Seguridade, plasmado nas guías do CCN-STIC.
Para o despregamento da rede, realizouse un estudo da zona de interese e das atenuacións que poidan afectala como consecuencia da súa distribución interior.
Así mesmo, avaliouse a información que circula pola rede de estudo, establecendo o nivel de seguridade correspondente, o que motivou a posterior configuración da rede.
Finalmente, realizáronse unha serie de probas para avaliar a eficacia das medidas postas en marcha.
Volver