Secretaría Uvigo - Mecanismos para a xeolocalización de usuarios en Twitter.

Mecanismos para a xeolocalización de usuarios en Twitter.

Data de defensa26/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Milagros Fernández Gavilanes
Tribunal Presidencia: Miguel Rodelgo Lacruz
Secretaría: Francisco Javier Rodríguez Rodríguez
Vogalía: José Pablo González Coma
ResumoNeste documento trátanse os dous métodos principais descritos na literatura académica sobre a xeolocalización en Twitter: o baseado na análise de texto e o de análise das redes de usuarios. Profúndase nas técnicas que emprega cada un deles, especialmente aquelas relacionadas co procesamento da linguaxe natural, algoritmos de Machine- Learning e as relacionadas coa análise de grafos.

Posteriormente, impleméntanse en código Python os mecanismos necesarios para levar a cabo todo o proceso de xeolocalización seguindo algúns dos métodos descritos. Para o que, obtéñense diversos conxuntos de tweets utilizando a API de Twitter e almacénanse nunha base de datos MongoDB. Seguidamente lese a información relevante e se inicializan as estruturas de datos que, tras a súa etapa de preprocesado, utilizaranse nos algoritmos de Machine- Learning ou análises de grafos e que permitirán a clasificación dos mesmos como pertencentes a unha localización ou outra.

Aínda que o código presentado non pretende competir en eficacia e exactitude cos métodos descritos na literatura académica, si que nos permite obter unha visión completa do seu funcionamento, permitindo descender aos detalles de implementación como as librerías que se precisan, as estruturas de datos, os parámetros que determinan o comportamento dos algoritmos de clasificación, as ferramentas de visualización e presentación de resultados, etc. Obteremos grazas a iso as conclusións de índole práctica relacionadas cos distintos mecanismos de xeolocalización e que permitan seleccionar o máis adecuado en función da utilidade final para a que se empregue tal localización.
Volver