Secretaría Uvigo - A xestión do talento e a motivación en contornas de Administración Pública: análise técnica e propostas estratéxicas de actuación

A xestión do talento e a motivación en contornas de Administración Pública: análise técnica e propostas estratéxicas de actuación

Data de defensa24/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Francisco Javier Rodríguez Rodríguez
Tribunal Presidencia: Milagros Fernández Gavilanes
Secretaría: José Pablo González Coma
Vogalía: Miguel Ángel Ares Tarrío
ResumoA motivación é o motor que nos impulsa a acometer accións para obter resultados e pódese aplicar, de forma transversal, a todos os aspectos da nosa vida. Realizáronse moitos estudos relacionados coa motivación e multitude de psicólogos escribiron teorías e análises sobre ela.
No ámbito laboral a motivación é un aspecto imprescindible: sen a súa existencia non se obterían resultados, obxectivo final de calquera actividade empresarial. Por iso, manter a motivación dos empregados dunha organización é indispensable, e para isto é clave que as empresas teñan unha xestión do talento como factor estratéxico organizacional.
No caso particular da Administración Pública, unha das motivacións para converterse en empregado público é a de ter un traballo para sempre do que non che poden despedir. Pero, unha vez conseguido, como se mantén esa motivación inicial? @Teniendo en cuenta as limitacións que ten ?por exemplo, a nivel orzamentario?, que ferramentas pode implementar a Administración para conseguir manter aos seus funcionarios motivados e que os servizos que ofrecen sexan excelentes e óptimos? Cre a Administración necesaria implementar plans de retención do talento?
Estas son algunhas das preguntas que se tentarán responder neste TFM e, para poñer en relevo todos estes conceptos, analizouse o caso dos militares que decidiron abandonar as Forzas Armadas para traballar en Amazon, onde se xustifica que o motivo principal que lles levou a tomar esta decisión foi a falta de motivación.
Volver