Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun sistema de exploración OFF- LINE do espectro radioeléctrico, baseado na análise de datos goniométricos

Desenvolvemento dun sistema de exploración OFF- LINE do espectro radioeléctrico, baseado na análise de datos goniométricos

Data de defensa24/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: José María Núñez Ortuño
Tribunal Presidencia: Miguel Rodelgo Lacruz
Vogalía: Francisco Manuel Troncoso Pastoriza
Secretaría: Francisco Javier Rodríguez Rodríguez
ResumoActualmente, a exploración do espectro radioeléctrico coa finalidade de escoitar, interceptar e localizar emisións radioeléctricas de interese, realízase en base a receptores de banda ancha, os cales dunha maneira ON- LINE presentan a actividade existente en tempo real. Isto supón que, aquelas emisións que non se traten no preciso momento da súa interceptación, perderase a súa información, a non ser, que poidan ser tratadas a posteriori.
Por estes motivos e baseado na información goniométrica proporcionada por un sistema de guerra electrónica ( EW), este traballo pretende implantar as bases dun modelo de sistema que posibilite:
- Almacenar a información goniométrica proporcionada por un sistema de EW, nun ancho de banda determinado, así como nunha marxe de tempo.
- Poder levar a cabo unha análise de maneira conxunta (tempo e frecuencia de emisión) para converter orixes de datos goniométricos, sen relación entre se, en información coherente, interactiva e atractiva visualmente.
- Mostrar a información goniométrica que se determine nun Sistema de Información Xeográfica ( GIS).
- Posibilitar no contexto radioeléctrico e en base á análise de BIG DATA de captacións radioeléctricas, a realización de MACHINE LEARNING para detección de anomalías
Volver