Secretaría Uvigo - Efecto da temperatura sobre as canles de potasio de doble dominio de poro (K2P) da subfamilia TREK en neuronas do ganglio nodoso.

Efecto da temperatura sobre as canles de potasio de doble dominio de poro (K2P) da subfamilia TREK en neuronas do ganglio nodoso.

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: José Antonio Lamas Castro
Tribunal Presidencia: Alejandro Leonides De Carlos Villamarín
Vogalía: M. Esther Barreal Modroño
Secretaría: Juan Pérez Fernández
ResumoO ser humano, como animal homotermo, necesita detectar cambios na temperatura; faino grazas a neuronas termorreceptoras, células sensoriais do SNP que son estimuladas por cambios de temperatura.
A transmisión de sinais depende do balance entre a actividade das canles TRP e outras canles, como as canles TREK, unha subfamilia de canles de potasio non dependentes de voltaxe, cuxa actividade se ve modulada, entre outros factores, pola temperatura. Este balance permite determinar que limiar de temperatura é compatible coas funcións normais do organismo.
Neste traballo, mediante experimentos de canle individual, analizarase o efecto da temperatura sobre a cinética das canles TREK (probabilidade de apertura, duración media de apertura e amplitude) no ganglio nodoso, que agrupa somas de neuronas cuxos axóns viaxan a través do nervio vago transmitindo sensacións térmicas ao SNC.
Tras realizar os experimentos observouse un aumento significativo da probabilidade de apertura, unha diminución significativa do tempo que permanece aberto e non se revelaron cambios na condutancia da canle. Concluíuse que a actividade da canle se incrementa, o que contribúe a hiperpolarizar a membrana, contrarrestando a acción despolarízante das canles TRP e diminuíndo a probabilidade de interpretar como nocivo un aumento de temperatura tolerable.
Palabras clave: ganglio nodoso, potasio, temperatura, TREK, single-channel
Volver