Análise dos progresos de cabo verde para o cumplir dos obxectivos de desenvolvemento sostible coa axenda para 2030
Data de defensa | 26/11/2021 |
Titulación | Máster Universitario en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Ana Esther Castro Fernández |
Tribunal |
Presidencia: Eva María Rodríguez Míguez Vogalía: María Gómez Rúa Secretaría: Carlos Iglesias Malvido |
Resumo | Resumo Este traballo de investigación busca contribuír á literatura que investiga a capacidade dos países en desenvolvemento para acadar os obxectivos establecidos nos acordos internacionais. Así, analizouse a capacidade de Cabo Verde para acadar os obxectivos da Axenda 2030. Para iso recolléronse datos de indicadores relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Usando modelos de suavización exponencial, prognosticamos estes indicadores para 2030. Polo tanto, centrámonos nunha análise cuantitativa do problema. Como país en vías de desenvolvemento, de ingresos medios e que depende moito do exterior, ante os problemas de desemprego e desigualdade, Cabo Verde aínda está un pouco lonxe de cumprir todos os requisitos comprometidos cos ODS para 2030. A pesar diso, o país presenta grandes avances nos obxectivos 1, 3, 5, 9, 15 e 17. Obxectivos que, en función das nosas proxeccións, deberían acadarse nos próximos anos se o país continúa na tendencia prevista. Palabras clave: Desenvolvemento económico, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, Cabo Verde. |