Secretaría Uvigo - Formas de esquecemento

Formas de esquecemento

Data de defensa24/11/2021
TitulaciónGrao en Belas Artes
CentroFacultade de Belas Artes
Dirección Titoría: Juan Loeck Hernández
Tribunal Presidencia: Juan Carlos Román Redondo
Vogalía: Ann Heyvaert
Secretaría: Ignacio Perez-Jofre Santesmases
ResumoAsistimos a un espazo onde as obras conversan acerca dun conflito interior selado polo desaloxo. É un movemento dende o recordo da acollida nun non-lugar, que se desvela como hostil, á procura dun espazo que se converta en fogar. Iníciase así unha exploración acerca de que pode constituírse coma un ?lugar? que á súa vez conversa co recoñecemento de que non podemos fuxir do tránsito, do mesmo xeito que nun ciclo interminable de desexos. De estar arroxados ao esquecemento dalgunhas vivencias pasadas, ao cambio que supón deixar algo atrás (fogares, persoas?). Son obras que dalgunha maneira pretenden expoñer a vivencia da fugacidade que ao mesmo tempo convive coa necesidade de ter algún lugar ao que retornar, un sitio ao que podemos non volver nunca pero que sabemos que dalgún modo segue alí.
Volver