Secretaría Uvigo - A Responsabilidade social e Axenda 2030. O Caso Inditex

A Responsabilidade social e Axenda 2030. O Caso Inditex

Data de defensa25/11/2021
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María del Rocío Rodríguez Daponte
Tribunal Titoría: María del Rocío Rodríguez Daponte
ResumoA crecente preocupación pola sostibilidade das empresas nos tres planos que a conforman -económico, social e medioambiental-, abre a porta cara a introdución e o coñecemento de novos termos como a Responsabilidade Social, que cada vez están máis presentes no imaxinario social. Dentro do ámbito empresarial, a Responsabilidade Social particularízase na Responsabilidade Social Corporativa a través da cal as empresas deben responder por mor da moral para coa súa contorna e sociedade que as rodea e das que toman parte. Dende 2015 e facendo de guía de actuación para o correcto proceder das empresas ca súa contorna e stakeholders en liña cos conceptos previamente mencionados, atópase a Axenda 2030, documento que será estudado neste desenvolvemento en relación directa ca empresa elixida: Inditex.

Este Traballo de Fin de Grao pon o foco no exemplo de Inditex como unha das empresas máis importantes do seu sector tanto a nivel nacional como global, para estudar como están a ser aplicados os Obxectivos propostos pola Axenda 2030 tendo en conta a Responsabilidade Social Corporativa.

Palabras clave: Responsabilidade Social, Responsabilidade Social Corporativa, Axenda 2030, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, Inditex
Volver