Secretaría Uvigo - Tecnoloxías de "machine learning e I.A." como fonte de vantaxes competitivas

Tecnoloxías de "machine learning e I.A." como fonte de vantaxes competitivas

Data de defensa24/11/2021
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
Tribunal Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
ResumoO contido deste traballo céntrase na análise e estudo do tema das tecnoloxías machine learning (ML), ou aprendizaxe automática, e a intelixencia artificial (IA), explicando brevemente a súa historia, expoñerase de onde xorde a idea da intelixencia artificial e como se dá o uso e adopción de cada unha destas tecnoloxías, xa que se foron establecendo desde a década dos anos 60 nos procesos organizacionales, facilitando o que se chama a relación humano-máquina.
Unha vez establecido este punto como introdución, establecerase o obxectivo deste traballo, despois, procederase á explicación destas dúas tecnoloxías individualmente, entrañando os seus inicios e expoñendo os distintos tipos e modelos de intelixencia artificial e machine learning que existen hoxe en día.
Logo disto, comentarase a situación na que se atopan actualmente, en como as empresas fóronse adaptando á súa utilización nas diferentes funcións, tamén analizaremos en como afectou a pandemia do COVID-19 á súa implementación e nos beneficios que se puideron obter desta situación.
Por último, darase a coñecer como a adopción e o uso destas tecnoloxías nas empresas serven como vantaxe competitiva ao xerar beneficios na cadea de valor.

Palabras clave: aprendizaxe, algoritmo, intelixencia artificial, machine learning, tecnoloxías
Volver