Secretaría Uvigo - Determinantes da saúde en España: modelo loxístico aplicado á ENSE-2017

Determinantes da saúde en España: modelo loxístico aplicado á ENSE-2017

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Eva María Rodríguez Míguez
Tribunal Titoría: Eva María Rodríguez Míguez
ResumoO principal obxetivo deste Traballo Fin de Grao foi caracterizar os diferentes determinantes da saúde da poboación española de máis de 16 anos. Nunha primeira parte realizouse unha revisión do concepto de saúde e os seus principais determinantes, a partir da literatura existente. Na segunda parte analizáronse os principais predictores da saúde subxetiva na poboación adulta española. Para isto, valorouse a percepción da mala saúde dos individuos da mostra utilizando a Encost Nacional de Saúde do ano 2017. A través dun modelo loxístico binario obsérvase que as principais causas dos problemas de saúde son de tipo socioeconómico, estilo de vida e hábitos. As conclusións as que se se chegan son que na maioría dos casos as políticas de saúde establecen como único obxetivo o tratamento de enfermidades e sería aconsellable que tamén tivesen en conta o entorno social que, en moitos casos, condiciona a saúde das persoas. Sería recomendable fomentar campañas sobre alimentación saudable, nutrición e actividade física, así como establecer sistemas de coordinación e cooperación entre institucións públicas e privadas. Finalmente débese favorecer a investigación e monitorización dos posibles procesos levados a cabo.

Palabras clave:
Determinantes da saúde, Saúde percibida, Modelo Loxístico Binario
Volver