Secretaría Uvigo - Crecemento azul na Unión Europea

Crecemento azul na Unión Europea

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Dolores Garza Gil
Tribunal Titoría: María Dolores Garza Gil
ResumoNo presente traballo tratarase de analizar a evolución e estado dos diferentes sectores que compoñen o Crecemento Azul, unha estratexia da Unión Europea pertencente á Economía Azul. Comezaremos cunha breve explicación sobre ambos termos, posto que existen varias interpretacións. De seguido, analizaremos individualmente os 5 sectores que compoñen a estratexia de Crecemento Azul: Acuicultura, Turismo Costeiro, Enerxías Azuis, Explotación Mineira dos Fondos Mariños e Biotecnoloxía Azul. Para a súa consecución, recompilaranse datos de diferentes indicadores económicos para observar a evolución dos diferentes sectores. Estudaranse e comentaranse as diferentes medidas e propostas levadas a cabo pola Comisión Europea para o desenvolvemento dos diferentes ámbitos prioritarios do Crecemento Azul, así como tamén o impacto da pandemia da Covid-19.

Palabras Clave: Economía Azul, Crecemento Azul, Unión Europea
Volver