Secretaría Uvigo - Estudo da síndrome de burnout no equipo sanitario que trata ao paciente oncoloxico no Centro Hospitalario Universitario de Ourense

Estudo da síndrome de burnout no equipo sanitario que trata ao paciente oncoloxico no Centro Hospitalario Universitario de Ourense

Data de defensa19/11/2021
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Dirección Titoría: María Pereira Vázquez
Tribunal Presidencia: María Pereira Vázquez
ResumoRESUMO
Introdución: A síndrome de burnout é unha resposta que ten repercusións tanto físicas como emocionais causadas por un axente estresante que pode deteriorar o ambiente de traballo. Hai diversos estudos que falan dunha despersonalización propia do persoal sanitario ao tratar ao paciente oncolóxico e demóstrase que tanto o persoal médico, coma o persoal de enfermaría son afectados polo cansanzo emocional e poden chegar a sufrir un forte rexeitamento polo trato do paciente.
Obxectivos: Avaliar a prevalencia da síndrome de burnout no persoal de enfermaría e TCAE que traballa co paciente oncolóxico no CHUO. Identificar mediante o cuestionario Maslach Burnout Inventory o risco do persoal de oncoloxía do CHUO de padecer SdB.
Material e métodos: Levamos a cabo un estudo observacional descritivo transversal no servizo de oncoloxía do Centro Hospitalario Universitario de Ourense, no cal a poboación diana foi a enfermería e TCAE. Realizouse unha mostraxe por conveniencia na cal participaron 28 persoas
Resultados: Mostrouse un gran risco de tendencia a sufrir 2 SdB nun 89,29%, en oposición ao 10,71% que non mostra ningún risco. A idade media de participación foi de 47,64. Nas categorías profesionais obsérvase que o 100% da enfermaría mostra risco e un 78,57% TCAE tamén.
Conclusións: Actualmente non existen casos de SdB no persoal de enfermaría e TCAE do servizo de oncoloxía. Existe un alto risco depadecer SdB, 9 de cada 10 profesionais. O persoal sanitario sinala. que ?un aumento de persoal?, ?psicólogos para o persoal sanitario?, ?mellora dos quendas? ?etc, entre outros podería axudar a unha mellora no ambiente de traballo.
Palabras chave: Enfermaría, Burnout, médico, oncoloxía
Volver