Secretaría Uvigo - Orixe, causas e consecuencias da fragmentación da dereita política en España

Orixe, causas e consecuencias da fragmentación da dereita política en España

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Dirección e Xestión Pública
CentroFacultade de Dirección e Xestión Pública
Dirección Titoría: Álvaro Xosé López Mira
Tribunal Presidencia: Celso Cancela Outeda
Secretaría: Enrique José Varela Álvarez
Vogalía: Adela García-Pintos Escuder
ResumoRESUMO

En menos dunha década, a política española mudou radicalmente, entre 2011 e 2019 España pasou dun sistema bipartidista a multipartidista. Aínda que os primeiros comicios nos que se aprecia este cambio de paradigma foron as eleccións europeas de maio de 2014, a transformación política do país nace das mobilizacións cidadás ante os efectos da crise socioeconómica no ano 2008.

A fragmentación do espazo político produciuse en ambos bloques pero o máis destacable foi na dereita política española, desde a saída de Adolfo Suárez en 1981 da UCD (Unión Centro Democrático) e a posterior desintegración da organización, o Partido Popular baixo a estratexia do catch-all agrupou un amplo espectro político baixo as súas siglas, posicionándose como a forza hexemónica da dereita española.

Esta situación mantívose durante décadas sendo unha excepción a nivel europeo, onde si se constata unha fragmentación do bloque político da dereita, como por exemplo no caso de Francia, Bélxica e Países Baixos. No ano 2013 coa expansión a nivel nacional de Ciudadanos e o nacemento de VOX, o espazo político da dereita española fragmentouse en tres (Partido Popular, Ciudadanos e VOX).

O principal obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é analizar a orixe, as causas e as consecuencias da fragmentación política da dereita española.

PALABRAS CLAVE

Política, Partido Popular (PP), VOX, Ciudadanos, Partido Socialista Obrero Español (PSOE), eleccións, España, Cataluña, deputados, goberno, votos.
Volver