Secretaría Uvigo - A propaganda política impresa do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936

A propaganda política impresa do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Publicidade e Relacións Públicas
CentroFacultade de Comunicación
Dirección Titoría: Jose Ruas Araújo
Tribunal Presidencia: Alberto Pena Rodríguez
Vogalía: Montserrat María Vázquez Gestal
Secretaría: Jesús Adolfo Lage Picos
ResumoPara a realización deste Traballo Fin de Grao realizamos un análise da propaganda política impresa durante a elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia, contextualizado a través dun percorrido visual pola cartelería pro-Estatuto e a prensa de finais da Segunda República para poder captar a evolución e o contraste na maneira de comunicar a realidade política que se vivía en España durante aqueles anos de incesante cambio. Resulta fundamental o contexto sociopolítico que o rodeaba.

Para isto comezaremos afondando nas orixes da propaganda para comprobar cómo esta se vai desenvolvendo e adaptando ás distintas etapas históricas dende o seu nacemento ata chegar á Galicia de 1936, onde profundizaremos a través da prensa e carteis para poder xulgar o papel que xogou por aquel entón no noso país.

Todos os acontecementos previos á creación do Estatuto de Autonomía galego, coma os cambios da 2ª República ou as eleccións de 1936, son clave e deben ser estudados con detenimiento porque só así poderá comprenderse no que desembocan finalmente.
Volver