Secretaría Uvigo - Responsabilidade social corporativa. Caso aplicado das universidades galegas

Responsabilidade social corporativa. Caso aplicado das universidades galegas

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónPCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
Tribunal Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
ResumoNo mundo actual, a demanda social de compromiso e responsabilidade con temas de sustentabilidade supuxo unha renovación integral das empresas nos seus sistemas de xestión e modelos de comunicación. A nivel corporativo, esta sustentabilidade implica unha tripla acción social, ambiental e económica para as empresas. É por iso que están a desenvolverse cada vez máis normas e directrices internacionais para asesorar ás empresas nestes asuntos. Deste xeito, a incorporación da sustentabilidade á estratexia empresarial pode converterse tanto nunha ferramenta competitiva como nunha ferramenta de xestión eficiente.
Pola súa banda, a universidade pública como axente precursor do cambio social, ten un gran papel na educación das futuras xeracións en materia de responsabilidade social. Así, na parte aplicada do proxecto estúdanse os informes de sustentabilidade publicados polas universidades galegas para realizar unha análise comparativa. Nela obsérvanse as medidas de sustentabilidade e actuacións levadas a cabo polas institucións para levar a cabo unha proposta de modelo de responsabilidade social universitaria.
Para a elaboración deste traballo realizouse o estudo de diferentes manuais de autoría autonómicos, nacionais e internacionais. Así mesmo, para a elaboración daqueles apartados de carácter máis técnico referidos a organismos internacionais, consultouse directamente a súa páxina web oficial. Mentres que para a elaboración do caso práctico comparativo entre as universidades utilizouse a consulta directa dos informes publicados polas universidades.
Tras estudar a responsabilidade social aplicada tanto a nivel corporativo como universitario, afírmase que axentes sociais como as universidades e as empresas son protagonistas do cambio social cara a unha maior sustentabilidade global. Unha tendencia que marcará o paradigma das xeracións actuais e futuras cara á responsabilidade de crecemento social, ambiental e económico sostible.
Volver