Secretaría Uvigo - A estrutura financeira dos clubes de fútbol nas grandes ligas europeas

A estrutura financeira dos clubes de fútbol nas grandes ligas europeas

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónPCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Francisco Javier Martínez Cobas
Tribunal Titoría: Francisco Javier Martínez Cobas
ResumoNo fútbol actual cada vez son máis importantes para os clubs aspectos que non sexan só o meramente deportivo. A parte financeira dentro dos clubs cobra relevancia xa que se entende que inflúe a posteriori na parte deportiva, máis concretamente na estrutura financeira que poidan ter os clubs. Por este motivo, realizarase unha análise da estrutura financeira durante as tempadas 2015/16 e 2019/2020 , ambas inclusive, dos principais clubs participantes da primeira división española. Ademais, farase unha comparación dos clubs de maior peso desta liga con algúns dos clubs de maior peso dentro das outras catro grandes ligas europeas.
Isto permitiranos analizar a estrutura dos distintos equipos, así como as semellanzas e diferenzas, non só dentro da liga nacional senón tamén a nivel europeo. Tamén podemos saber se a participación regular en competicións europeas conduce a unha mellor estrutura financeira, ou se, pola contra, o principal é como a xestionan os clubs.

Palabras clave:

Fútbol, ​​rentabilidade financeira, estrutura financeira, liquidez, solvencia.
Volver