Secretaría Uvigo - Cómo afectou a COVID ó sector do luxo, en concreto da moda de luxo?

Cómo afectou a COVID ó sector do luxo, en concreto da moda de luxo?

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Rosa María Loveira Pazo
Tribunal Titoría: Rosa María Loveira Pazo
ResumoEste proxecto ten como obxetivo xeneral plasmar como o sector do luxo, en concreto o sector da moda de luxo, soubo reaccionar e realizar cambios inesperados e perdurables no tempo coa aparición da pandemia mundial do COVID. Este suceso provocou que o sector tivera que establecer estratexias para poder paliar todos os efectos secundarios e tamén poder mellorar naqueles aspectos que facían que o sector estivera por detrás de todos os cambios a nivel económico, tecnolóxico e cultural que xurdiron nos últimos anos.
A metodoloxía empregada é a teoría da microeconomía necesaria para entender os aspectos que tiveron relevancia. Outros recursos utilizados son os estados financeiros anuales das empresas, artigos das revistas máis relevantes do sector do luxo e informes de consultorías. Con iso tentarase chegar a conclusión do obxectivo do traballo.
O traballo pódese dividir en catro partes. A primeira, consta dunha pequena explicación sobre o mercado e como funciona a oferta e a demanda. A segunda, concepto e características do luxo, un breve repaso á historia do sector do luxo e da moda, as marcas de luxo e a descripción dos consumidores da moda. En terceiro lugar, un análise da oferta e demanda do sector do luxo e da moda. Finalmente, como afectou o COVID ó sector da moda, os cambios e as solucións que tiveron que realizar para poder paliar cos efectos da pandemia e as consecuencias que tivo a crise sanitaria.
Volver