Secretaría Uvigo - O proceso de innovación aberta. Estudos das súas aplicacións e estratexias

O proceso de innovación aberta. Estudos das súas aplicacións e estratexias

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Eva Diz Comesaña
Tribunal Titoría: María Eva Diz Comesaña
ResumoA innovación aberta xorde a partir das limitacións que as empresas comezan a sentir a partir dos cambios da contorna e o avance da sociedade. Os modelos clásicos comezan a ser insuficientes, o cal levou ás empresas a renovarse e adaptarse. As TIC fomentaron e axudaron en gran parte a este cambio, xa que facilitaron o cambio de enfoque. Existen moitas formas de realizar este cambio. Neste traballo analizamos as diferentes formas de innovación que existen e como afecta a aplicación dunhas ou outras. Queda patente que as empresas dedicadas ao sector do TIC son as que teñen maiores ferramentas para poder levar a cabo un proceso aberto de maneira máis exitosa. Tamén, grazas á información obtida, podemos observar como xurdiron numerosas formas de innovar, a través de start-ups por exemplo, o cal é de gran axuda en numerosas organizacións para levar a cabo un modelo de innovación aberta.

Palabras clave
Innovación; Innovación aberta; Start-ups; Materializacións de innovación aberta: TIC; Crowsourcing; Redes de innovación; Factores; cultura organizacional; propiedade intelectual; tecnoloxía.
Volver