Secretaría Uvigo - Evolución da muller no mercado laboral. Causas e tendencias de futuro

Evolución da muller no mercado laboral. Causas e tendencias de futuro

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Jesús Fernández Arias
Tribunal Titoría: María Jesús Fernández Arias
ResumoCon este traballo pretendemos analizar a situación da muller no mercado laboral español, afondando nos cambios vividos nos primeiros anos do século XXI que marcarán a súa evolución futura. Para iso, realizaranse análises cuantitativas dos datos dispoñibles que permitan, por unha banda, comprender o estado actual da problemática e, por outra banda, prever posibles escenarios de futuro, ao tempo que se suxiren accións encamiñadas a promover maior integración real deste colectivo no mercado laboral.
Para facilitar a nosa análise, o período analizado divídese en tres etapas diferentes. Unha primeira etapa, que comeza a principios de século ata 2008, analiza a posición da muller nun período caracterizado pola expansión económica que, xunto co aumento da man de obra dispoñible, determinará un nivel de creación de emprego que suporá unha redución da taxa de paro. Pola contra, no período seguinte, caracterizado pola crise económica e financeira que aínda persiste en 2018, a inserción da muller debe realizarse nun mercado laboral caracterizado pola destrución de emprego e o aumento do número de paradas. E, finalmente, o último período analizado comeza en 2020 e incorpora unha reflexión sobre as perspectivas de futuro do mercado laboral español, que, por mor do Covid-19, volve estar inmerso noutra profunda crise económica mundial, froito do establecemento dun novo modelo económico baseado na dixitalización e o intercambio de información. Isto dará lugar a un mercado laboral caracterizado pola alta competitividade entre os seus membros, e no que se promove activamente a integración de colectivos específicos, como ocorre coas medidas existentes para mellorar a integración das mulleres.

Palabras clave: emprego feminino, crise económico-financeira, covid-19 e capitalismo informacional.
Volver