O sector pesqueiro en Galicia. Análise económica
Data de defensa | 23/11/2021 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Josefina Lucy Amigo Dobaño |
Tribunal |
Titoría: Josefina Lucy Amigo Dobaño |
Resumo | O presente traballo de investigación fai referencia á situación económica do sector pesqueiro en Galicia. Poñendo o foco sobre diferentes factores como a produción, a comercialización, o consumo ou o emprego, entre outros, da pesca galega, preténdese mostrar a importancia de todas estas actividades, dentro da comunidade autónoma e mesmo fóra dela, xa que ademais de ser unha das principais rexións pesqueiras da península, posúe unha das mellores posicións de Europa e do mundo. Comezaremos a nosa análise definindo de xeito xenérico o sector e a súa contorna, despois analizaremos variables máis concretas que nos poidan achegar unha visión detallada do mesmo e das súas principais figuras. Para concluír, coa aparición do Covid-19 neste ano 2020, cremos de vital importancia analizar o impacto que tivo no sector pesqueiro galego e cales son as perspectivas de futuro ante a incerteza que esta pandemia provocou no mundo. A data de peche para a obtención dos datos do Informe foi o 31 de xaneiro de 2020. En consecuencia, a análise do sector e dos seus indicadores refírese preferentemente aos resultados do ano 2019 |