Secretaría Uvigo - Do Xapón preindustrial ó Xapón industrializado (S. XVII-1970)

Do Xapón preindustrial ó Xapón industrializado (S. XVII-1970)

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Blanca Martínez Domínguez
Tribunal Titoría: María Blanca Martínez Domínguez
ResumoXapón foi o primeiro país asiático en industrializarse, comezando un proceso de
modernización e cambio económico durante o último terzo do século XIX. Antes da
revolución industrial, Xapón era un país pechado ao exterior. Ata 1890 a agricultura foi
a principal actividade económica, que experimentou un lento proceso de transformación
e intensificación.
En 1858 Xapón abriuse ao exterior, eliminou o sistema de clases, reformou a
agricultura e introduciu novas tecnoloxías que modernizaron o proceso de produción de
fabricación. A industria lixeira, apoiada por unha política industrial intervencionista, foi
gañando importancia ata finais do século XIX, momento a partir do cal substituíu a
agricultura como núcleo da economía.
As dúas guerras mundiais foron fenómenos importantes con implicacións
económicas, sociais e institucionais que configuraron o gran desenvolvemento
económico de Xapón no século XX. Como consecuencia da I Guerra Mundial (1914-
1918), a industria pesada experimentou un aumento substancial da produción, esta
tendencia continuou ata despois da 2a Guerra Mundial (1943-1945). As consecuencias
da derrota despois da 2a Guerra Mundial foron devastadoras. , perdéronse moitas vidas
humanas e destruíuse gran parte da infraestrutura de produción. A participación dos
Estados Unidos na guerra de Corea en 1950 foi o estímulo da demanda necesaria para
revitalizar a economía xaponesa que continuou durante a segunda metade do século XX
e sentou as bases para que Xapón se posicionase como a terceira potencia mundial.
Palabras clave: agricultura intensiva, reformas, industria lixeira, industria
pesada, tecnoloxía occidental e crecemento económico.
Volver