Secretaría Uvigo - Plan de negocio para a evolución e seguimento futuro dunha empresa produtora de froita exótica

Plan de negocio para a evolución e seguimento futuro dunha empresa produtora de froita exótica

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Fernando Comesaña Benavides
Tribunal Titoría: Fernando Comesaña Benavides
ResumoO presente traballo pretende desenvolver o plan de empresa dun proxecto xa en funcionamento dedicado ao cultivo de froitas tropicais.

Estes froitos tropicais cultívanse no Rosal, onde atopamos as condicións máis favorables para o seu cultivo dentro de Galicia. Entre estas froitas destacamos principalmente a pitahaya, e en segundo lugar o aguacate e a maracuyá. Trátase dun proxecto real, que xa se está a desenvolver, e cuxo obxectivo neste traballo é proxectar a súa evolución futura para os próximos tres anos.

A finalidade desta produción é a súa distribución o máis directa posible, evitando longas cadeas de intermediarios. Por outra banda, é un proxecto novidoso, onde non atopamos moitos precedentes en Galicia. O obxectivo a acadar ao final dos tres anos analizados é a consolidación dunha explotación de máis dunha hectárea plenamente operativa e xestionada de xeito familiar.
Volver