Secretaría Uvigo - Determinantes da obesidade. Proba empírica baseada na enquisa nacional da saúde española

Determinantes da obesidade. Proba empírica baseada na enquisa nacional da saúde española

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Eva María Rodríguez Míguez
Tribunal Titoría: Eva María Rodríguez Míguez
ResumoRESUMO
O obxectivo deste traballo é analizar os determinantes socioeconómicos da obesidade. Este estudo estrutúrase en dúas partes. Na primeira parte analízase o concepto de obesidade, a súa prevalencia, tanto en España coma en Europa, as súas consecuencias e, por último, faise unha revisión da literatura acerca dos seus determinantes. Na segunda parte, seguindo un modelo de regresión loxística, realízase unha análise empírica a partir da Enquisa Nacional da Saúde Española, para identificar os principais preditores da probabilidade de ser obeso, así como a intensidade do seu impacto. A análise descritiva previa mostra que un 17,7% da poboación sofre obesidade. Os resultados da regresión indican que, os determinantes sociodemográficos que máis inflúen na probabilidade de ser obeso son o xénero, o nivel educativo, a frecuencia da actividade física no tempo libre e os ingresos familiares. Deste modo, ser muller fronte ser home fai que a probabilidade se reduza un 3,7%, ter estudos universitarios fronte non ter a primaria acabada fai que a probabilidade se diminuía un 11,8%, realizar deporte físico varias veces á semana fronte non facelo diminúe a probabilidade un 11,1%. Por outro lado, o feito de situarse no quinto quintal de renta fai que a probabilidade de ser obeso se reduza un 4,2%, fronte a situarse no primeiro quintal. Tendo en conta estes resultados sería doado aplicar medidas políticas para diminuír o risco de obesidade en España.
PALABRAS CHAVE
Obesidade, Sobrepeso, Determinantes da obesidade, Prevalencia da obesidade, Enquisa Nacional da Saúde Española, Índice de Masa Corporal.
Volver