Secretaría Uvigo - Avances tecnolóxicos para o desenvolvemento da economía circular no sector téxtil

Avances tecnolóxicos para o desenvolvemento da economía circular no sector téxtil

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Encarnación González Vázquez
Tribunal Titoría: Encarnación González Vázquez
ResumoO modelo económico lineal presente na industria actual ha xerado grandes danos ao noso planeta, xa que provocou a escaseza de recursos naturais e o exceso de residuos. Ante esta situación e como resultado de varias teorías que tentaban achegar solucións a esta situación, xorde a economía circular como modelo alternativo. Por iso imos a conceptualizar e explicar en profundidade ente novo modelo antes de reflectir a súa importancia para o sector téxtil. Neste traballo trátase a importancia de abandonar o sistema lineal actual do sector da moda mediante a aplicación de estratexias de economía circular, para lograr avanzar dunha moda rápida a unha moda sostible. Debido á súa gran importancia na actualidade e que esta aumentou tras a crise sanitaria do Covid-19, eliximos como estratexia principal deste traballo o desenvolvemento tecnolóxico mediante plataformas web e apps de moda, as cales permiten consumir unha moda máis responsable co medio ambiente, mediante a reutilización e a reciclaxe.

Palabras chave: modelo económico lineal, economía circular, sustentabilidade, escolas de pensamento, conciencia ecolóxica, xeración Z, fast- fashion, upcycling, moda sostible, reciclaxe, segunda man.
Volver