Secretaría Uvigo - Importancia do Value Stream Mapping na mellora dos procesos productivos da empresa

Importancia do Value Stream Mapping na mellora dos procesos productivos da empresa

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Tony Crespo Franco
Tribunal Titoría: Tony Crespo Franco
ResumoAo longo deste traballo desenvolverase un estudo sobre a influencia do uso da ferramenta do mapa do fluxo do valor ou Value Stream Mapping (VSM) pertencente á filosofía Lean Manufacturing en empresas de distintos sectores. O que se busca coa implantación desta ferramenta é identificar e eliminar aquelas actividades que non xeneran un valor engadido ao proceso produtivo, con iso tamén buscase reducir o tempo de produción.
O primeiro que se fará no traballo será presentar a filosofía Lean Manufacturing e en que consiste a ferramenta VSM, despois identificarase que obxectivos ten o VSM e tamén poder identificar cal é o residuo e os diferentes tipos de residuos que existen, xa que un dos obxectivos do VSM é atopar e eliminar residuos. Unha vez que coñecemos cales son os obxectivos do VSM e cales son os residuos, o seguinte paso é explicar os pasos que hai que levar a cabo para levar a cabo o VSM.
É importante coñecer cando se aplica o VSM ou as causas da súa aplicación por parte das empresas dos distintos sectores, no desenvolvemento do traballo faise fincapé nestes puntos e tamén na finalidade do seu uso, os posibles beneficios que se presentan, poden conseguir coa súa correcta implantación e coas limitacións que ten.
A metodoloxía de investigación que se levou a cabo é a do estudo de diferentes casos de éxito, onde a aplicación de VSM resultou beneficiosa para a empresa. En concreto, realízase un estudo das diferentes formas en que cada empresa implanta a ferramenta VSM, ademáis da metodoloxía empregada polas empresas para a aplicación do VSM, tamén se mostrarán os resultados e conclusións obtidas posteriormente unha vez implantadas as melloras obtido do VSM.
É importante sinalar que o uso do VSM por parte das empresas permite identificar actividades que non achegan valor engadido aos produtos ou que provocan perdas de tempo na cadea produtiva e ademáis aporta solucións sinxelas e eficaces para eliminar ou minimizar estes problemas na cadea de produción.
PALABRAS CLAVE: Lean Manufacturing, Value Stream Mapping, fluxo do mapa do valor
Volver